lunes, 15 de diciembre de 2008


unha colaboración de Yoni

Na introducción que fas do Rarís, pódeche aportar uns datos a maiores.
O C.F.Rarís, data dos anos oitenta tal e como o coñecemos hoxe en día, e decir, federado e participando sempre en 3ª Rexional.
Durante a década dos 80, o mellor resultado que acada o equipo é un subcampeonato na Copa do Concello, que este ano se volveu a retomar tras un periodo longo sen desputarse.
En liga, durante este período o Rarís remata as súas campañas sen postos significativos na clasificación.

A finais do 80, o equipo desaparece porque non había ninguén que se fixese cargo da presidencia (traballo pouco grato e moi pouco valorado por todos).

Na tempada 92-93 volve rexurdir o C.F.Rarís, e da man de Antonio Carreira (pai) vanse consolidando os piares sobre os que se sustenta o actual equipo (xunta directiva incansable, mención especial neste apartado a Suso Barreiro, o delegado do equipo, sempre aportando o seu grao de area.

O mellor resultado do equipo obtense na tempada 93-94, alcanzando un 5º posto en 3ª rexional. Un equipo tipo desa tempada foi o formado por:
Lino, Mouriño, Miramontes, Juan, Bustelo, Miguel, Javier Mella, Magariños, Fernando Buela, Jose e Germán.
Os pichichis dese equipo foron Germán e Fernando con 13 dianas cada un.

De momento o récord de goles nunha tempada, está nas botas de Yonathan con 16 goles na tempada 98-99, aínda que todo fai indicar que este ano este récord o vai a batir Maneiro (ogallá sirvan os seus goles para lograr un ascenso histórico).

Por hoxe nada máis, outro día contareivos cal é o himno do equipo.

Un saúdo e HALA RARÍS

6 comentarios:

Anónimo dijo...

que decir...con este grupo chegamos a primeira jeje que grandes sodes todos!!!solo quero aportar un pouco para conseguir o titulo...!!!HALA RARIS!!agora a polo carca...que non se nos escapen!!!

jesus dijo...

o ano pasado o raris acabou mal, pero fai duas temporadas acabamos en cuarto lugar e moi cecrca dos terceiros que foran os do deportivo sar, oxalá este ano melloremos esa posición, e si non polo menos que o pasemos ben como ata agora

Anónimo dijo...

o importante de todo e pasalo ben e facer moitas festas e churrascadas,tede coidado que dentro de nada volve o danimal!!

jesus dijo...

ke pasa chavales, aínda non me destes as gracias polo regalo k vos fixen o pasado domingo, xa k non mo agradecedes, polo menos usádeo. díxome anabel k so falamos de churrasco, licor café, e demais cheas, pero eu xa lle dixen que era normal xa que somos unha pandilla de alcolitos, tamen me dxo que teñamos coidado coas festas, non vaia a ser que despois nos queden marcas. un saúdo a todos/as

Anónimo dijo...

gracias jesus...!!jeje e por certo só collen marcas algúns jejeje...debe ser coa lúa jeje

Anónimo dijo...

estas muy lokoooo jorgiÑo ke te digo yo desto si de futbol no entiendo un kagadooo jajaja ami dame el regge eres un cieloooo te kierooo wapooooo tu amiga de ponte juju